Bombóns colección O porco de pé
27,50 €
Precio sin verificar — puede variar
VARIANTES
Un estoxo de bombóns que une arte e sabor nunha edición limitada e numerada. Cada caixa inclúe unha das nove obras creadas polo pintor Xabier Varela inspiradas na novela O porco de pé de Vicente Risco, parte da colección permanente da Fundación Risco en Allariz. No seu interior, unha selección de cinco variedades de bombóns artesáns —gianduja de pistacho, froita da paixón, praliné de améndoa, curry e coco e gianduja de café— que completan unha experiencia única. Unha vez degustados, o estoxo pode transformarse nun pequeno cadro: só tes que cortar a bisagra inferior do envase. Podes escoller entre nove láminas distintas no momento da compra: A Casa das citas, Café Novelty, A Política, Don Celidonio alcalde, Golpe de Estado, Don Celidonio carniceiro, A Nicasia, O Doutor Alveiros e Os sindicalistas. Se queres recibir a caixa de bombóns e o libro O porco de pé, selecciona a variante “Libro” e nas notas do pedido, que atoparás antes de facer o pagamento, indícanos que lámina escolles. Se tes algunha dúbida, contacta con nós. Esta edición limitada e numerada conta con 70 unidades por cada unha das nove obras. Cada persoa recibirá a súa caixa co número correspondente, delicadamente indicado no envase, para que poida gozar non só do sabor, senón tamén da exclusividade dunha peza creada para perdurar.
